Resultados da Enquisa de Satisfacción (out-nov.2025)

by Biblioteca de Bioloxía (USC)

Obxectivos da enquisa
O obxectivo desta enquisa foi recoller a opinión do estudantado e PDI dos graos en Bioloxía e Biotecnoloxía e Máster, sobre os servizos, recursos e atención que ofrece a Biblioteca da Facultade de Bioloxía (USC). A información recompilada servirá para mellorar a calidade e a adecuación dos servizos ás necesidades de estudo e a investigación.
  • A participación foi voluntaria e anónima. Aquí agrúpanse os resultados das enquisas cubertas tanto en formato impreso como as enviadas en liña.
  • Periodo de recollida de datos: dende o 24 de outubro ao 30 de novembro de 2025.
  • As respostas empregaranse únicamente con fins estatísticos e de mellora continua.

RESULTADOS DE PARTICIPACIÓN
53,1%
Estudantado do Grao de Bioloxía
85 enquisas cubertas
21,9%
Estudantado do Grao de Biotecnoloxía
35 enquisas cubertas
12,5 %
PDI
20 enquisas cubertas
6,9%
Estudantado de Máster
11 enquisas cubertas
5,6%
Estudantado de D.G. e Máster
9 enquisas cubertas
160
Total de enquisas cubertas

QUE CURSA O ESTUDANTADO QUE CUBRIU A ENQUISA?
PERFIL DO ESTUDANTADO/PDI DA BUSC BIOLOXÍA
Desprega cada un destes apartados para ir descubrindo os resultados.
FRECUENCIA DE ASISTENCIA NA BIBLIOTECA DE BIOLOXÍA
Coñeces a conta de Instagram da Biblioteca de Bioloxía?
Observacións chave:
O 43% dos enquisados que cubriron a enquisa e coñecen a nosa conta de Instagram @busc_bioloxía NON a seguen. Esperamos poder amosar contido máis atractivo e de interese para este colectivo e tamén para aqueles que non a coñecen pero tampouco lles interesa.
ASISTENCIA A OUTRAS BIBLIOTECAS
QUE OUTRAS BIBLIOTECAS EMPREGAN O NOSO ESTUDANTADO?
Observacións chave:
  1. Dominio de Concepción Arenal: A Biblioteca Concepción Arenal é, de lonxe, a máis mencionada, cas case 70 veces.
  1. Bibliotecas Secundarias: a da ETSE (Enxeñaría), Matemáticas , son as seguintes máis citadas, aínda que cunha frecuencia moito menor.
FINALIDADE DOS USUARIOS/AS QUE ACUEDEN Á BIBLIOTECA DE BIOLOXÍA
CONSULTAS OS RECURSOS ELECTRÓNICOS DA TÚA ÁREA?
USO DO MOSTRADOR DE INFORMACIÓN E PRÉSTAMO
A resposta ao motivo daqueles que non acuden ao Mostrador de Información e Préstamo é maioritariamente porque non teñen necesidade ou ningunha dúbida.
CURSOS DE FORMACIÓN EN LIÑA DA BIBLIOTECA
Sobre a preferencia de Formación Presencial ou En liña, deixan claro que en certos temas a PRESENCIAL é necesaria, dando valor a opción combinada: presencia/online.
DIMENSIÓNS AVALIADAS
Valoración dos Recursos
Recursos físicos e electrónicos.
Valoración dos Servizos
Préstamo de libros, PI, Difusión, apoio ao PDI
Valoración das Instalacións e Equipamento
Espazos, iluminación, conexións…
Valoración do Persoal
Atención e axuda profesional
RESULTADOS DAS DIMENSIÓNS
Valoración dos Recursos
Libros impresos e electrónicos, revistas impresas e electrónicas, bases de datos, etc.
A COLECCIÓN DA BUSC BIOLOXÍA É SUFICIENTE PARA AS NECESIDADES ACADÉMICAS E/OU INVESTIGACIÓN?
(1= moi insuficiente | 5 = moi suficiente)
(1= moi insuficiente - 5 = moi suficiente)
LIBROS
EBOOKS
REVISTAS CIENTÍFICAS IMPRESAS
REVISTAS CIENTÍFICAS EN LIÑA
BASES DE DATOS ESPECIALIZADAS
TESES E TFG/TFM
Valoración dos Servizos
Préstamo de libros, PI, formación, difusión de información, asistencia a PDI…
SERVIZOS A VALORAR

Preme na gráfica para ampliar a visualización.
Valoración das Instalacións e Equipamento
Iluminación, espazos, conexións…
SERVIZOS A VALORAR

Preme na gráfica para ampliar a visualización.
Observacións chave:
A biblioteca ofrece unha variedade de espazos que satisfán diferentes necesidades de estudo, o que é moi valorado polas persoas que cubriron a enquisa:
  • Estudo Individual:
  • É o máis destacado, mencionando o amplo espazo persoal nas mesas, a iluminación individual e xeral, o silencio e a tranquilidade.
  • Traballo en Grupo:
  • Os usuarios valoran que exista unha sala habilitada para traballos en grupo onde poden realizar proxectos e consultar información "tranquilamente" (en contraste co silencio da zona individual).
  • Comodidades Adicionais:
  • As instalacións están consideradas "completas", xa que dispoñen de mesas amplas, gran cantidade de enchufes/conectores e conexión wifi.
  • Tamén se valora o acceso a servizos próximos como baños limpos, fonte de auga e a cafetería de Matemáticas ao lado.
Valoración do Persoal
Atención, disposición, competencias…
SERVIZOS A VALORAR
Á pregunta en que precisarías máis axuda personalizada, as respostas foron as seguintes (o número responde as mencións sobre estes temas):
40
Axuda para a elaboración do TFG
28
Axuda para a creación de Bibliografía
8
Axuda na subida de documentos a MINERVA
7
Axuda para realizar BUSCAS
10
Recursos de avaliación científica /Bibliometría
2
Sitio privado con recursos didácticos físicos e dixitais
1
Xestión do tempo e organización de tarefas
4
Axuda xeral para realización de traballos
1
Análise cualitativo do CV
En resumo:
  • A necesidade máis frecuente con moita diferenza é a axuda co TFG/TFM, que aparece en case todas as respostas do estudantado que cubriu esta pregunta.
  • En segundo lugar, a creación de bibliografía e citas, incluíndo estilos APA.
  • Tamén destaca a demanda de axuda en bibliometría e recursos de avaliación científica.
  • Varias persoas mencionan especificamente subir documentación a Minerva.
  • Algunhas solicitudes adicionais inclúen a organización do estudo, busca de manuais, axuda co CV ou dispoñer dun espazo máis privado.
COMENTARIOS E SUXESTIÓNS
Agradecemos enormemente a todos aqueles que cubrístedes a enquisa todos os comentarios e suxestións que nos deixáchedes nas tres últimas preguntas do cuestionario. Faremos o posible para ter en conta aquelas que consideramos viables e melloras para esta biblioteca en tódolos sentidos.
QUE É O QUE MÁIS VALORAN OS USUARIOS/AS DESTA BIBLIOTECA?
🌟 O Máis Valorado polas Persoas Usuarias que cubriron esta enquisa, despois de analizar os comentarios, agrúpanse principalmente en tres áreas: as Instalacións e o Ambiente, a Colección e Recursos e o Persoal e Atención.
O Espazo e o Ambiente de Estudo (Comodidade, Iluminación e Silencio)
Este é o factor máis valorado de xeito xeral, mencionado de múltiples formas:
  • Comodidade e amplitude: alta valoración da comodidade (física e mental), o amplo espazo persoal, o deseño das mesas e a distribución dos sitios.
  • Iluminación: a luz natural é mencionada con moita frecuencia (grandes ventás, luminosidade, etc.), xunto coa boa iluminación xeral e a luz en cada mesa.
  • Ambiente agradable e silencio: o ambiente é descrito como bo, cálido, acolledor, relaxado e axeitado para o estudo. Destácase moito o silencio e a tranquilidade para concentrarse.
  • Localización e contorno: Valórase a súa proximidade ás clases/facultade, a súa centralidade no campus e o contorno ameno, con vistas ás árbores.
O Persoal e a Atención
O factor humano é moi importante, destacando:
  • Amabilidade e dispoñibilidade: a amabilidade, a atención e a dispoñibilidade do persoal son moi eloxiadas.
Os Recursos e a Facilidade de Acceso
Os aspectos directamente relacionados co material bibliográfico e os servizos:
  • Colección e recursos: valórase a colección de libros (incluíndo a adquisición de edicións actualizadas para docencia e investigación) e os recursos bibliográficos en xeral (incluído o acceso a bases de datos).
  • Servizos e instalacións adicionais: a facilidade de acceso aos libros, a disposición de enchufes/conectores, a conexión wifi, os espazos variados (individuais e para traballos en grupo), a posibilidade de consultar información rapidamente, e o horario ampliado en época de exames.

En resumo, a biblioteca destaca seguindo as opinións dos enquisados por ofrecer un espazo de estudo excepcionalmente cómodo, luminoso, amplo e tranquilo, complementado por un persoal atento e amable, e unha boa colección de recursos.
EN QUE PENSAN OS ENQUISADOS QUE DEBERÍAMOS MELLORAR O SERVIZO?
🗣️Control del Ruido y Silencio
Sillas Ruidosas: arranxar ou reemplazar as sillas que "chirrían" e fan incómoda a estancia.
Personal técnico falando que molesta.
Horario
Ampliación habitual: aumentar o horario de apertura habitual, suxerindo de 8:30 a 21:00 ou 22:00 h. (no lugar do actual). Algún tamén suxire unha apertura ás 8:00 h.
  • Abrir tamén durante a fin de semana.
  • Ampliar horario en época de exames.
🔌Equipamento
(enchufes, Wifi, iluminación)
Máis enchufes: a mellora máis repetida. Solicítanse máis enchufes por mesa (pasar de 2 a 4 por mesa, uno por persona).
Conexión a Internet (Wifi): Mellorar a conexión, especialmente na Sala de Traballo en grupo e outras áreas (Eduroam non funciona ben ou a sinal non chega).
Iluminación: cambiar as luces "cálidas" ou "amarelas" por luces brancas, que se consideran mellores para estudar e evitan dores de cabeza.
Climatización: mellorar a climatización na planta alta. Subir a calefacción no inverno.
Mantemento: arranxar algúns enchufes da 2ª Planta.
👥 Xestión do Espazo e Ocupación
"Reserva de Postos" (Saturación): ser estrictos coa retirada de material de postos reservados cun folio. Pídese retirar o material pasados os 20-30 minutos permitidos de ausencia para liberar postos (especialmente nas horas de comida/exámenes).
Intrusión de externos: queixas pola saturación en época de exámenes por xente doutras facultades/medicina. Pidese algunha medida para dar prioridade aos estudantes de Bioloxía/Biotecnoloxía.
📚Recursos e Servizos
Variedade online: maior variedade e dispoñibilidade de bibliografía online (incluindo revistas científicas e bibliografía de Biotecnoloxía).
Material físico: maior dispoñibilidade de libros e material impreso (libros, TFG/TFM).
Servicios adicionais:
  • Espazo particular para investigadores (mestrandos e doctorandos).
  • Fixar carteles de sitios ou motores de busca especializados.
  • Maior publicidade dos servizos existentes.
  • Salas de traballo en grupo.
  • Outros servizos: máquinas de café, fonte de auga, zona de descanso.
As demandas máis recurrentes entre as persoas que responderon a esta pregunta foron:
Accións de alto impacto
  • Instalar regletas seguras ou enchufes adicionais nas mesas.
  • Revisar protocolos internos para reducir ruídos.
  • Axustar iluminación a luz branca máis neutra.
Accións de impacto medio.
  • Crear zonas de estudo en grupo mediante pequenas cabinas.
  • Mellorar a ventilación da planta superior.
  • Mellorar o sistema WiFi.
Made with